ACTIVIDADE INICIAL: CONTO
Bos días! Gustaríanos compartir con vós a actividade inicial do noso proxecto.
Como vos explicamos anteriormente, o noso proxecto non soamente abarca contidos sobre os instrumentos, as danzas e os ritmos tradicionais galegos, senón que tamén inclúe personaxes destacados da literatura galega. Así pois, para a actividade inicial do noso proxecto decidimos elaborar un conto baseado na infancia e xuventude de Rosalía de Castro, que explica os motivos polos cales ela podería ter escrito o poema “Adiós ríos, adiós fontes”.
Mostrámosvos a continuación o seu comezo:


Esta entrada foi publicada en
Sen categorizar. Garda o
enlace permanente.